Torneo Xubilación Antonio Grande

(23/06/2021) Categoría Etiqueta
Torneo Xubilación Antonio Grande

Este sábado día 26 de xuño terá lugar un Torneo adicado a Xubilación dAntonio Grande Santos, actual Coordinador Deportivo no Campo de Golf de Meis xestionado pola Fundación Monte Castrove.

  Antonio ten un protagonismo especial na instalación do Campo de Golf no lugar de "Chan da Fonte" en Monte Castrove, un paraxe natural de pinos galegos abrazados pola Ría de Arousa e Pontevedra. Antonio foi o diseñador do campo e o supervisor da súa construcción entre 1998 e 2000. Ademais, foi o Presidente-Fundador do Club de Golf "Chan do Fento" e tuvo diferentes responsabilidades na xestión deportiva do campo e da fundación.

 Antonio Grande adicou gran parte da sua vida profesional ao noso campo de Golf,  sempre con moita dedicación e cariño, intentando formar un gran equipo humano e querendo desmontar un tópico xeneralizado “o golf un deporte para a élite”. Dende o inicio, o seu obxetivo foi conseguir un campo onde desarrollar a actividade deportiva con carácter público  e asequible para chegar a ser un deporte do pobo. Na actualidade, o campo de golf é unha infraestructura deportiva pública con especial servizo aos concellos da contorna das comarcas de Pontevedra e do Salnés. 

Por todo iso, dende a Fundación Monte Castrove queremos rendirlle unha homenaxe por todos os anos da súa vida profesional enfocados maioritariamente ao campo de golf de Meis.

Ver cartel

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias mediante el análisis de tus hábitos de navegación. Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies. Pulse el botón ACEPTAR, para confirmar que ha leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar no volveremos a mostrar este mensaje.