Golf en Colegios en Pontevedra

(10/06/2021) Categoría Etiqueta

Más de 300 escolares mejorarán sus capacidades físicas, psíquicas y sociales a través del Golf

Golf en Colegios en Pontevedra

Vigo, 9 de xuño de 2021.- O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou esta mañá o Aeroclub de Vigo onde uns 25 alumnos de 5º de primaria do CEIP Bouza Brey de Ponteareas (Pontevedra) participaron nunha actividade enmarcada dentro da unidade didáctica ‘O golf na escola’ do programa Xogade.

Esta unidade didáctica suxire ensinar o deporte do golf a través de actividades lúdicas que axudan a crear un espazo educativo para a adquisición de valores, normas e actitudes que potencien o desenvolvemento integral do alumnado dende un punto de vista físico, psíquico, social e intelectual. Ademais, tamén se busca que o alumnado traballe en equipo dentro dun clima de respecto, participación e colaboración. A práctica do golf contribúe ao desenvolvemento integral dos alumnos e alumnas conseguindo a mellora das capacidades físicas, psíquicas, sociais e intelectuais

A actividade estase a realizar nos campos de golf de Meis, Domaio e Vigo de xeito simultáneo por 300 rapaces e rapazas dos cursos de 5º de primaria de centros escolares da provincia de Pontevedra -CEIP Pintor Laxeiro (Vigo), CEIP Bouza Brey, CEIP Santiago de Oliveira, CEIP Feliciano Barrera e CPR Inmaculada (Ponteareas), CEIP Antonio Blanco (Covelo), CPI de Mondariz, CEIP Tirán (Moaña), CPR Abrente (Sanxenxo) e CEIP San Bartolomé (Vilanova de Arousa)-.

Para realizar a actividades os mestres de Educación Física dos colexios participantes recibiron unha formación específica asistindo a un curso do Centro de Formación e Recursos (Cefore) no que se lles entregou a unidade didáctica que utilizarán como referencia nas prácticas a realizar co alumnado nas sesións da clase.

Cómpre salientar que, ademais do protocolo de medidas hixiénicas e sanitarias de cada instalación, a actividade conta co protocolo do programa Xogade, aprobado no pasado mes de marzo e baseado no FISICOVID-DXTGALEGO, que establece a metodoloxía a seguir polas federacións deportivas galegas nas medidas de prevención necesarias para facer fronte para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. As clases participantes manteñen os grupos burbulla.

Fuente: Comunicación da Secretaria Xeral para o Deporte

 

QUIZÁ TAMBIÉN TE INTERESE
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias mediante el análisis de tus hábitos de navegación. Puede obtener más información en nuestra Política de Cookies. Pulse el botón ACEPTAR, para confirmar que ha leído y aceptado la información presentada. Después de aceptar no volveremos a mostrar este mensaje.